Os seres vivos e as funcións de nutrición
Os seres vivos e as funcións vitaisQue é un ser vivo?: Un ser formado por células que é capaz de desempeñar as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución
Función de nutrición: É o conxunto de procesos polos que os seres vivos obteñen ou intercambian materia e enerxía co medio
Función de relación: Función mediante a que os seres vivos son capaces de percibir cambios no medio e de reaccionar ante eles da forma máis axeitada para a súa supervivencia
Función de reprodución: Capacidade que teñen os seres vivos de orixinar descendentes que se desenvolven e manteñen as características dos seus proxenitores a través do tempo
Organización dos seres vivos
Organismos unicelulares: Constituídos por unha única célula que realiza tódalas funcións vitais (paramecio, ameba,...)
As colonias: Agrupacións de organismos unicelulares; cada un deles desempeña tódalas funcións vitais dun ser vivo independentemente (Volvox, colonias de algas verdes)
Organismos pluricelulares: Están constituídos por moitas células que funcionan interconectadas e que coordinan a súa actividade para que o organismo funcione como un todo (coral, cabalo, mosca,...)
Sen órganos: poríferos, fungos, algas, cnidarios, plantas briófitas,...
Con órganos: Algúns invertebrados, plantas cormófitas,...
Con aparatos: A maioría dos invertebrados e tódolos vertebrados
A ciencia a través da historiaS. XVII
Antonie van Leeuwenhoek
Fabrica un microscopio moi sinxelo
Robert Hooke
Observa as pequenas celes dunha lámina de cortiza
S. XIX
Schleiden e Schuwan formulan a Teoría Celular
Tódolos seres vivos están formados por células
A célula é a unidade elemental dos seres vivos, e realiza todas as funcións vitais
Tódalas células se forman a través de divisións doutras células que existiron anteriormente
A célula na actualidadeMembrana plasmática
Citoplasma
Os orgánulos
Núcleo
Material xenético ou ADN
Tipos de célulasProcariotas
Non teñen núcleo definido
Teñen parede celular
ADN no citoplasma
Ribosomas
Flaxelo
Eucariotas
Teñen núcleo definido
No citoplasma teñen varios orgánulos diferentes
O núcleo está rodeado pola membrana nuclear
A nutriciónÉ o conxunto de procesos polos que os seres vivos obteñen ou intercambian materia e enerxía co medio
Tipos
Autótrofa: Fabricación de nutrientes a partir de substancias inorgánicas
Heterótrofa: Utilización dos nutrientes producidos por outros seres vivos como fonte de alimento
Os procesos de nutrición
Incorporación de nutrientes ou de substancias para fabricalos
Intercambio de gases co exterior
Utilización das substancias incorporadas ou fabricadas
Metabolismo: conxunto de reacción químicas que teñen lugar no interior da célula
Transporte de nutrientes e substancias de refugallo
Eliminación ou excreción das substancias de refugallo producto da actividade do organismo
A nutrición en organismos unicelulares
Intercambian substancias e gases a través de toda a súa superficie
Pseudópodos
A nutrición dos organismos pluricelulares sinxelos
Os fungos: Aliméntanse de restos de organismos e o intercambio de gases co exterior realízano a través da súa superficie
Algas pluricelulares: Intercambian substancias e gases co exterior a través da súa superficie
Os mofos: Absorben auga e substancias minerais a través das células das falsas follas ou filoides e do falso talo ou cauloide
A nutrición das plantas (autótrofas)
A absorción das substancias minerais e da auga
Pelos absorbentes
O transporte do sume bruto
Xilema
A fotosíntese
Clorofila
A distribución do zume elaborado
Floema
A respiración
A eliminación de gases e doutros productos de excreción
Transpiración
Gutación (perdida de auga polos bordos das follas)
A nutrición nos animais
Heterótrofos
Poden ser
Herbívoros
Carnívoros
Omnívoros
Algúns órganos para inxerir o alimento
Os que perforan: carrachas, mosquitos, pulgóns,...
Os que filtran: baleas, flamencos,...
Os que absorben: algúns parasitos intestinais como a tenia
Os que toran: os peteiros que esgazan dalgunhas aves, os dentes don mamíferos, mandíbulas que trituran (insectos e crustáceos), rádulas que raspan (caracois),...
A dixestión
Aparato dixestivo dos invertebrados
Cavidade dixestiva: Algúns invertebrados como os cnidarios so teñen unha cavidade dixestiva en forma de saco cun único orificio de entrada e saída
Podemos atopar as seguintes partes: boca, tentáculos, células que fagocitan o alimento, cavidade gastrovascular e cnidocisto
Tubo dixestivo: A maioría dos invertebrados posúen un tubo dixestivo con dous orificios, boca e ano
Podemos atopar as seguintes partes: boca, esófago, papo, moega, intestino e ano
Aparato dixestivo dos vertebrados
Boca
Esófago
Estómago
Intestino
Glándulas asociadas
Salivares
Fígado
Páncreas
Variacións do modelo xeral do aparato dixestivo dos vertebrados
Na boca
Aves e tartarugas, teñen pico córneo
As baleas, teñen barbas
O resto de vertebrados, teñen dentes
Os peixes, non teñen glándulas salivares
No estómago
As aves téñeno dividido en dúas partes: proventrículo e moega. Tamén teñen papo.
Os ruminantes téñeno dividido en catro partes: bandullo, rede, libro e calleiro
No intestino
Os herbívoros téñeno moi longo e un gran cego
Nos mamíferos, remata no ano
No resto dos vertebrados remata na cloaca
Intercambio de gases
Aparato respiratorio
Respiración cutánea
Respiración por branquias (branquial)
Respiración por traqueas (traqueal)
Respiración por pulmóns (pulmonar)
A excreción e o aparato excretor
Nos invertebrados
Nefridios: Tubos con forma de embude, típicos nos anélidos
Glándulas antenais: Dous tubos que parecen antenas, típicas nos crustáceos
Nos vertebrados
Ril
Uréter: Tubo que sae do ril
Vexiga urinaria
Uretra: Expulsa a urina ó exterior
A distribución dos nutrientes
Aparato circulatorio
Líquido circulante
Nos vertebrados chámase sangue
Nos invertebrados chámase hemolinfa
Bomba impulsora
Pode ter forma de corazón ou de vaso contráctil
Os vasos
Conductos polos que transita o líquido circulante
Tipos
Abertos
Pechados
A circulación dos vertebrados
Circulación sinxela: Típica dos peixes
Só ten un circuíto sanguíneo
Corazón con dúas cámaras: unha aurícula e un ventrículo
Circulación dobre: Típica nos mamíferos e outros moitos
Corazón dividido en tres o catro cámaras que forman dous circuítos
Circuíto xeral: distribúe o sangue rico en osíxeno dende o corazón ós órganos
Circuíto pulmonar: Conduce o sangue pobre en osíxeno aos pulmóns, onde se osixena
Dous tipos de circulación dobre
Completa: O sangue osixenado non se mestura co pobre en osíxeno
Incompleta: O sangue osixenado mesturase co pobre en osíxeno
No hay comentarios:
Publicar un comentario